PATYPUNED APUNTES


Apuntes No protegidos.Puedes cortar y pegar, ampliar, reducir y modificar en documento libre.

jueves, 29 de marzo de 2012

ORDE do 21 de marzo de 2012 pola que se modifica a Orde do 12 de febreiro

ORDE do 21 de marzo de 2012 pola que se modifica a Orde do 12 de febreiro de 2009 pola que se establece o modelo normalizado de solicitude de recoñecemento do dereito á asistencia xurídica gratuíta.

O artigo 15 e mais a disposición derradeira primeira do Decreto 269/2008, do 6 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de asistencia xurídica gratuíta de Galicia (DOG n.º 242, do 15 de decembro), estableceu a obriga da consellería competente en materia de xustiza de aprobar por orde o modelo normalizado de solicitude de recoñecemento á asistencia xurídica gratuíta, previsión que se cumpriu coa publicación no DOG do 17 de febreiro do 2009 da Orde do 12 de febreiro de 2009.
As necesidades detectadas logo de tres anos da súa utilización aconsella a modificación de adaptación do modelo normalizado de solicitude de recoñecemento do dereito, co fin de facer efectivas as posibilidades que establece o dito regulamento, incrementando a eficacia e eficiencia do sistema e impulsando o emprego de novas técnicas e medios electrónicos e telemáticos que permitan dotar o servizo público de recoñecemento e prestación de asistencia xurídica gratuíta dunha maior operatividade administrativa e procedemental, en prol de acadar unha maior calidade do servizo prestado á cidadanía, sen ningunha mingua dos seus dereitos.
De acordo co anterior, en virtude da autorización conferida na disposición derradeira do Decreto 269/2008, tras o informe favorable da Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa do 23 de febreiro de 2012, DISPOÑO:
Artigo único. A modificación da Orde do 12 de febreiro de 2009 pola que se establece o modelo normalizado de solicitude de recoñecemento do dereito á asistencia xurídica gratuíta.

O anexo da Orde do 12 de febreiro de 2009 pola que se establece o modelo normalizado de solicitude de recoñecemento do dereito á asistencia xurídica gratuíta, queda substituído polo anexo que se aproba coa presente orde.
Disposición derradeira única.
Esta orde entrará en vigor o 26 de abril de 2012.
Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2012.
Alfonso Rueda Valenzuela
Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

No hay comentarios:

Publicar un comentario