PATYPUNED APUNTES


Apuntes No protegidos.Puedes cortar y pegar, ampliar, reducir y modificar en documento libre.

martes, 19 de noviembre de 2013

DOG Núm. 221 Martes, 19 de novembro de 2013 Páx. 44680
ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia
I. DISPOSICIÓNS XERAIS
VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS
PÚBLICAS E XUSTIZA
ORDE do 24 de outubro de 2013 pola que se modifica a Orde do 21 de marzo de 2012, pola que se establece o modelo normalizado de solicitude de recoñecemento do dereito á asistencia xurídica gratuíta.
O artigo 15 e mais a disposición derradeira primeira do Decreto 269/2008, do 6 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de asistencia xurídica gratuíta de Galicia (DOG núm. 242, do 15 de decembro), estableceron a obriga da consellería competente en materia de xustiza de aprobar mediante orde o modelo normalizado de solicitude de recoñecemento á asistencia xurídica gratuíta, previsión que se cumpriu coa publicación no DOG do 28 de marzo de 2012 da Orde do 21 de marzo de 2012.
As necesidades estatísticas de poder distinguir o sexo dos solicitantes e as reformas introducidas polo Real decreto lei 3/2013, do 22 de febreiro, polo que se modifica o réxime das taxas no ámbito da Administración de xustiza e o sistema de asistencia xurídica gratuíta, aconsellan a modificación e adaptación do modelo normalizado de solicitude de recoñecemento do dereito, co fin de nos axustarmos á normativa vixente.
De acordo co anterior, en virtude da autorización conferida na disposición derradeira primeira do Decreto 269/2008, do 6 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de asistencia xurídica gratuíta de Galicia,
DISPOÑO:
Artigo único. Modificación da Orde do 21 de marzo de 2012 pola que se establece o modelo normalizado de solicitude de recoñecemento do dereito á asistencia xurídica gratuíta O anexo da Orde do 21 de marzo de 2012 pola que se establece o modelo normalizado de solicitude de recoñecemento do dereito á asistencia xurídica gratuíta queda substituído polo anexo que se aproba coa presente orde.
Disposición derradeira Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2013
Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
CVE-DOG: lrbo9203-or98-iyg3-cek6-j95y2tttox06
DOG Núm. 221 Martes, 19 de novembro de 2013 Páx. 44681
ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia
ANEXO
PROCEDEMENTO
RECOÑECEMENTO Á ASISTENCIA XURÍDICA GRATUÍTA
CÓDIGO DO PROCEDEMENTO
PR204A
DOCUMENTO
SOLICITUDE
Nº PROCEDEMENTO
NÚM. SOX.:
Promover Contestar
(Reservado colexio avogados)
A. SOLICITANTE
NIF /NIE / PASAPORTE
LOCALIDADE CONCELLO PROVINCIA
TELÉFONO
CORREO ELECTRÓNICO
PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NOME
I.- DATOS DA PERSOA SOLICITANTE
NACIONALIDADE PROFESIÓN OU ACTIVIDADE ACTUAL
EMPRESA RÉXIME DE COTIZACIÓN: SEG. SOCIAL, MUFACE, ISFAS...
B. CÓNXUXE (1)
PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF /NIE / PASAPORTE
C. FAMILIA QUE CONVIVE CO SOLICITANTE
APELIDOS NOME IDADE PARENTESCO
D. EN CASO DE SOLICITUDE NO NOME DE MENORES: DATOS DOS REPRESENTANTES LEGAIS
APELIDOS NOME IDADE PARENTESCO NIE/NIF/PASAPORTE
ORGANISMO NIF
DATA DE NACEMENTO SEXO ESTADO CIVIL ENDEREZO (RÚA, NÚMERO E PISO) PARA EFECTOS DE NOTIFICACIÓNS
CÓDIGO POSTAL
NOME
LOCALIDADE CONCELLO PROVINCIA
NACIONALIDADE TELÉFONO PROFESIÓN OU ACTIVIDADE ACTUAL
DATA DE NACEMENTO ESTADO CIVIL ENDEREZO (RÚA, NÚMERO E PISO) PARA EFECTOS DE NOTIFICACIÓNS
CÓDIGO POSTAL
EMPRESA
A. INGRESOS ANUAIS BRUTOS DA UNIDADE FAMILIAR
II.- DATOS ECONÓMICOS
TITULAR (2) IMPORTE BRUTO CONCEPTO (3)
B. PROPIEDADE DE BENS INMOBLES
TITULAR (2) TIPO (4) VALORACIÓN (5) CARGAS (6)
VIVENDA EN ALUGUEIRO RENDA MENSUAL
SI NON
CVE-DOG: lrbo9203-or98-iyg3-cek6-j95y2tttox06
DOG Núm. 221 Martes, 19 de novembro de 2013 Páx. 44682
ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia
ANEXO
(continuación)
D. OUTROS BENS
TITULAR (2) DESCRICIÓN VALORACIÓN
C. PROPIEDADE DE BENS MOBLES
TITULAR (2) TIPO (7) VALORACIÓN (8) MODELO, MARCA, MATRÍCULA (COCHES-MOTOS)
III.- OUTROS DATOS DE INTERESE (9)
IV.- PRESTACIÓNS QUE SOLICITA DAS INCLUÍDAS NO ART. 6 (10)
Defensa gratuíta
Representación gratuíta
Publicación gratuíta de edictos
Exención de depósitos para recorrer
Exención de taxas xudiciais
Asistencia pericial gratuíta
Gratuidade de copias e actas notariais, do art. 130 do Regulamento notarial
Rebaixa de dereitos arancelarios
V.- PRETENSIÓN QUE SE DEFENDE (11)
CIVIL FAMILIA CONTENCIOSO FAMILIA MUTUO ACORDO PENAL SOCIAL CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO
OUTROS
NOME DO CONTRARIO APELIDOS DO CONTRARIO DOMICILIO DO CONTRARIO
XULGADO Nº DE PROCEDEMENTO
BREVE DESCRICIÓN DA PRETENSIÓN QUE DEFENDE, INDICANDO PROCEDEMENTO E PARTIDO XUDICIAL COMPETENTE
A. CONDICIÓN QUE POSÚE
VI.- ASUNTOS PENAIS (PARA CUBRIR SÓ POLO AVOGADO)
O solicitante ten a condición de: detido imputado denunciante
No expediente atestado previas urxentes sumario exhortos
NÚMERO _____________________/__________ ________ que consta.
INFRACCIÓN PENAL IMPUTADA
Na unidade da policía _________________________________________
Núm. de procedemento
Selo da unidade policial da asistencia Selo do órgano xudicial
Núm de atestado policial______________________________________
No órgano xudicial de
B. DECLARACIÓN DO AVOGADO
O/A avogado/a _________________________________________________ _, nº de colexiado/a_____________________,
con despacho profesional en __________________________________________________, nº _____ , piso _________,
CP________, correo electrónico __________________________________________, declara que foi requirido/a para
asistir a persoa antes sinalada, por se atopar nalgún dos supostos sinalados no artigo 22 do Decreto 269/2008, do 6 de
novembro.
SINATURA E DATA
CVE-DOG: lrbo9203-or98-iyg3-cek6-j95y2tttox06
DOG Núm. 221 Martes, 19 de novembro de 2013 Páx. 44683
ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia
ANEXO
(continuación)
VII.- DECLARACIÓN RESPONSABLE DO SOLICITANTE
Coa finalidade de acreditar a concorrencia dos requisitos legais para o recoñecemento á asistencia xurídica gratuíta, declaro que os datos consignados na
solicitude son certos, completos e sen omisión ningunha, e que pretendo litigar só por dereitos propios.
Igualmente, declaro saber que:
1. Esta solicitude non suspende por si mesma o curso do proceso, para o cal debo solicitar persoalmente ao órgano xudicial a suspensión do transcurso de
calquera prazo que puidese provocarme indefensión ou preclusión do trámite.
2. Os meus datos de carácter persoal incluídos nesta solicitude serán incorporados a un ficheiro para o seu tratamento conforme o previsto na Lei
orgánica 15/1999, do 13 de decembro, para os efectos de recoñecemento do dereito, sendo destinataria da información a Comisión de Asistencia Xurídica
Gratuíta que corresponda. (Se o desexa, pode exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación ou oposición previstos na lei dirixíndolle un escrito á
Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta correspondente).
3. O desacollemento da pretensión por parte da Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta implicará, se for o caso, o aboamento dos honorarios e dereitos
económicos ocasionados pola intervención dos profesionais designados con carácter provisional.
4. A declaración errónea, falsa ou con ocultación de datos suporá a revogación do recoñecemento do dereito e orixinará a obriga de pagar as prestacións
obtidas, sen prexuízo das responsabilidades doutra orde que correspondan.
5. Se na sentenza que lle dea fin ao proceso son condenado en custas tras ter recoñecido o dereito á asistencia xurídica gratuíta, quedo na obriga de aboar as
causadas na miña defensa e na da parte contraria se no período dos tres anos seguintes ao remate do proceso chego a mellor fortuna.
Se a sentenza non contivese expreso pronunciamento en custas e vencese no preito tras ter recoñecido o dereito á asistencia xurídica gratuíta, deberei aboar as
custas causadas na miña defensa, sempre que non excedan a terceira parte do que nel obtivese. De excederen, reduciríanse ao importe da dita terceira parte.
6. A renuncia posterior á designación do avogado e procurador de oficio afecta simultaneamente ambos os dous profesionais e dá lugar á obriga de pagar as
prestacións obtidas.
De conformidade coa disposición adicional primeira do Decreto 269/2008, do 6 de novembro, a presentación desta solicitude supón a autorización expresa á
Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta para que obteña de forma directa da Administración tributaria os datos correspondentes á declaración anual do
solicitante para os efectos do imposto da renda das persoas físicas, ou, se for o caso, a acreditación de que non está obrigado a presentala; así como para que
obteña directamente do Catastro da Propiedade Inmobiliaria a relación dos inmobles que figuran ao seu nome e da Tesouraría da Seguridade Social o informe da
súa vida laboral.
Non obstante, o solicitante poderá denegar expresamente o seu consentimento marcando o recadro seguinte, en cuxo caso deberá achegar as mencionadas
certificacións canda a solicitude. Denego expresamente o consentimento:
Ademais, coa presentación desta solicitude
ADVERTENCIA: no caso de que esta solicitude sexa desacollida, o solicitante estará obrigado a aboar as actuacións levadas a cabo polos profesionais
designados.
No suposto de solicitude presentada por representante do menor que sexa membro da unidade familiar, autorizo expresamente o colexio de
avogados e mais a Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta a que obteñan de forma telemática da Administración tributaria os datos
correspondentes á miña declaración anual para os efectos da renda das persoas físicas, ou, se for o caso, a acreditación de que non estou
obrigado a presentala.
Autorizo expresamente o colexio de avogados para que solicite telematicamente da Administración tributaria, do Catastro da Propiedade
Inmobiliaria e da Tesouraría da Seguridade Social as anteditas certificacións.
VIII.- DOCUMENTACIÓN QUE SE XUNTA
Fotocopia do NIF ou NIE da persoa solicitante (no caso de non autorizar a consulta do datos de identidade no sistema de verificación da
identidade do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas) ou, en caso de ser estranxeiro, pasaporte, tarxeta ou permiso de residencia.
Fotocopia do libro de familia.
Nóminas dos últimos 3 meses (12).
No caso de desempregados: certificado do SEPE acreditativo da percepción de prestacións ou, se for o caso, de que o desempregado non
percibe prestación ningunha.
No caso de pensionistas: certificación do INSS, do Instituto Social da Mariña ou da ONCE relativa ás prestacións que percibe na súa condición
de pensionista.
Declaración xurada de ingresos (no caso de non ter nómina).
Certificado de convivencia do solicitante.
Copia do contrato de alugamento da vivenda e do recibo de alugamento.
Sentenza de separación ou divorcio e convenio regulador.
Certificado de signos externos e do pagamento de impostos locais, expedidos polo concello.
Copia da/s denuncia/s presentada/s cando a solicitude se formule baseándose en malos tratos ou en calquera suposto de violencia doméstica.
Copia do documento, sentenza ou título que se pretenda executar.
a) O solicitante, co fin de acreditar os seus datos persoais e económicos e os da unidade familiar, achega a seguinte documentación (marque o
recadro correspondente á documentación que se achega):
No caso de ser autónomo, declaracións trimestrais 130 e 300 dos tres últimos trimestres.
Se for o caso, certificación acreditativa da discapacidade do solicitante, no caso de non autorizar a consulta.
Autorizo a Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta, de conformidade cos artigos 35 letra f) da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas
e do procedemento administrativo común, e 4 da Orde do 12 de xaneiro de 2012 pola que se regula a habilitación de procedementos administrativos e servizos na Administración
xeral e no sector público autonómico de Galicia á consulta da documentación indicada anteriormente. SI NON
Así mesmo, declaro que a dita documentación se mantén vixente na actualidade e que non transcorreron máis de cinco anos desde a
finalización do procedemento a que corresponden.
Documentación referente á pretensión por defender.
b) Ademais, o solicitante que expresamente denegue a autorización que se sinala na epígrafe VII deberá presentar obrigatoriamente a seguinte
documentación:
Informe da vida laboral expedido pola Tesouraría da Seguridade Social.
Certificado de liquidación do IRPF, ou no caso de non terse realizado, certificación negativa.
Certificación do Catastro da Propiedade Inmobiliaria relativa aos bens inmobles do solicitante.
Autorizo a Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta, de conformidade co artigo 2 do Decreto 255/2008, do 23 de outubro, e coa Orde da
Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 7 de xullo de 2009, que o desenvolve, para a consulta dos datos de identidade
do solicitante no sistema de verificación de datos de identidade do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas.
SI NON (neste caso achegarase a documentación correspondente)
CVE-DOG: lrbo9203-or98-iyg3-cek6-j95y2tttox06
DOG Núm. 221 Martes, 19 de novembro de 2013 Páx. 44684
ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia
ANEXO
(continuación)
LEXISLACIÓN APLICABLE
- Lei 1/1996, do 10 de xaneiro, de asistencia xurídica gratuíta (BOE nº 11, do 12 de xaneiro).
- Real decreto lei 3/2013, do 22 de febreiro, polo que se modifica o sistema de asistencia xurídica gratuíta.
- Decreto 269/2008, do 6 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de asistencia xurídica gratuíta (DOG nº 242, do 15 de decembro).
- Orde do 12 de febreiro de 2009 pola que se establece o modelo normalizado de solicitude de recoñecemento do dereito á asistencia xurídica
gratuíta.
- Orde do 24 de outubro de 2013 pola que se modifica a Orde do 21 de marzo de 2012 pola que se establece o modelo normalizado de solicitude
de recoñecemento do dereito á asistencia xurídica gratuíta.
SINATURA DA PERSOA SOLICITANTE (se é menor de idade, asinará a solicitude a persoa que o represente)
Lugar e data
, de de
INSTRUCIÓNS PARA CUBRIR A SOLICITUDE
(1) A alínea B) deberá cubrilo unicamente se é casado ou mantén unha unión de feito.
(2) Debe identificar se o perceptor ou propietario é o solicitante, o cónxuxe, fillos ou outros familiares.
(3) Debe indicar se se trata de salarios, pensións por xubilación ou invalidez, baixas por incapacidade laboral transitoria, dividendos de accións
ou obrigas, rendas por arrendamentos, bolsas, etc.
(4) Especifique se se trata de vivenda habitual, outras vivendas, terreos, predios, prazas de garaxe, locais comerciais, etc.
(5) Indique cal é o valor de mercado; e se o descoñece, indique o valor escriturado ou o catastral.
(6) Hipotecas ou créditos que graven ese ben.
(7) Especifique se se trata de coche, motocicleta, ciclomotor, lanchas, xoias, etc. No caso de coche ou motocicleta, debe indicar marca,
modelo e matrícula.
(8) Indique cal é o seu valor de mercado.
(9) Datos non incluídos nos puntos anteriores de transcendencia económica familiar. Exemplos: solicitante ou familiares con grandes
discapacidades declaradas ou demostrables, estado de saúde, obrigas que pesan sobre o solicitante, custo do proceso, retención xudicial por
pagamentos de pensións compensatorias e alimentarias, etc.
(10) No suposto de que non marque ningún recadro, entenderase que solicita todas as prestacións comprendidas no art. 6 da Lei de asistencia
xurídica gratuíta.
(11) Ten que explicar a pretensión que desexa facer valer e o motivo polo que desexa acudir ante os órganos xudiciais. No caso de separación
ou divorcio, debe indicar se é contencioso ou de mutuo acordo, marcando cun “x” no correspondente recadro.
No caso de execución de sentenza, ten que indicar a súa data e achegar unha fotocopia.
(12) De todos os integrantes da unidade familiar e do resto das persoas que convivan co solicitante.
Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
CVE-DOG: lrbo9203-or98-iyg3-cek6-j95y2tttox06

No hay comentarios:

Publicar un comentario